Sunday 23 March 2014

QUEN CANTA A BELA E BESTA?




    BEAUTY AND THE BEAST

A BELA E A BESTA



QUEN CANTA A BELA E BESTA ?

         
        
              Pois, aínda que vos pareza mentira, nos anos 80 e 90 deuse un rexurdimento do gusto polo fantástico e polos CONTOS de FADAS -tal e como está a suceder, agora, case trinta anos despois-, e os GRUPOS de ROCK daquela época foron os que máis se animaron a rescatalos do olvido.

            Agora, tócanos a nós voltar ao seu labor daqueles anos. Escoitalos, xa supoñe unha homenaxe. 

           Aí van!

          De ESPAÑA, só atopei unha versión da ORQUESTRA MONDRAGÓN. A canción titúlase "Bella Bestia", e é do ano 1981. 


          

           Aquí, vos deixo a ligazón do vídeo musical, con imaxes da película de Jean Cocteau (1946).



          Nestoutra ocasión, aparecen actuando no mítico programa "APLAUSO", con Javier Gurruchaga caracterizado da Besta.




         A primeira versión, en INGLÉS, é do cantante MEAT LOAF ("pastel de carne"), e titúlase "I Would Do Anything for You (But I Won´t Do That)", que, en galego, significa "Eu Faría Calquera Cousa por Ti (Pero, Non Farei Iso)".






     Fixádevos no mundo de fantasía despregado, neste videoclip!

- Meat Loaf: "I Would Do Anything for You (But I Won´t Do That)"-

                      
        Esta segunda versión é de STEVIE NICKS. Titúlase "Beauty and the Beast", coma o conto. 

        Non atopei o vídeo oficial, así que elixín un vídeo, no que a beleza desta canción é o fío condutor da historia que contan as imaxes elixidas da serie "Once upon a Time". 

    Espero que vos guste!


- Nesta imaxe promocional, aparecen a Bela e a Besta da película de Jean Cocteau (1946) -


- A beleza da canción de Stevie Nicks, con imaxes de "Once Upon a Time"-


A terceira versión é do grupo THE ARK, e titúlase "Beauty is the Beast" ("Bela é a Besta"). 

- A nosa Besta máis parece, aquí, un Fauno mitolóxico ca outra cousa, non credes? -

   Non atopei ningún vídeo oficial deles; o único que podemos ver é un vídeo con imaxes do grupo, e, de fondo, escoitamos a canción.

- "Beauty is the Beast" de The Ark -



Esta cuarta versión é do grupo NIGHTWISH, e titúlase "Beauty of the Beast": "A Bela da Besta", ou, como tradución literal, "A Beleza da Besta".



É un grupo de rock que, polo xeral, amosa moita forza, nas súas interpretacións, e, aquí, non nos decepciona.

Como tampouco atopei ningún vídeo oficial, elixín dous vídeos alternativos.

O máis salientable do primeiro vídeo é que está en branco e negro, e reviven a atmosfera da película da Bela e a Besta de Cocteau (1946) con imaxes do musical A Pantasma da Ópera de Joel Schumacher (2004). 

Dá a impresión de que estamos entrando de verdade, nun mundo alternativo, onde todo é posible...

- "Beauty of the Beast" de Nightwish -


Neste segundo vídeo, as imaxes de Disney -ás veces, tan pastelosas- cobran unha forza especial, ao ir acompañando unha canción tan intensa. Espero que vos guste!



Á fin, a quinta e última versión corre a cargo da famosa CELINE DION e de PEABO BRYSON, xa que xuntos interpretan a famosa canción da película de animación de Disney.

É unha canción moito máis doce cá anterior de Nightwish, pero espero que vos guste tamén... 

- "Beauty and the Beast", para Disney, de Celine Dion e Peabo Bryson -





Saturday 22 March 2014

O QUE NOS ACABA DE CHEGAR, E O QUE VÉN...




BEAUTY AND THE BEAST

A BELA E A BESTA



O QUE NOS ACABA DE CHEGAR, E O QUE VÉN…

                
            
     A Bela e a Besta ESTÁ, esta tempada, DE MODA. Se non, fixádevos en que cantidade de PROXECTOS distintos se están a desenvolver, ao longo destes meses!

                  


A BELA E A BESTA, DE CHRISTOPHE GANS



    Como se nota que levamos unha semaniña (dende o 14 de marzo), coa película francesa da  Bela e a Besta, nas salas de cine españolas! Por certo, que aínda non chegou a Pontevedra. Pero, por sorte, proliferan fotos da peli, por todas partes! 

                 Ímoslles botar unha ollada:

































- Sóavos o mozo, a cabalo? É Eduardo Noriega, actor español -


De momento, só podemos ver a película, en Vigo:


* CINE “GRAN VÍA”:


* CINE “YELMO”. Aquí, en 3D!!

         
A BELA E A BESTA, DE MEDIASET E LUX VIDE


    Ah!, pero é que estamos a agardar por unha NOVA SERIE de T.V. (coprodución italo-española), que se acabou de rodar, a finais de 2013, enteramente en INGLÉS, en Turín (Italia). Ambientada na Francia do século XVIII, conta con dous actores españois –entre eles, a actriz protagonista: Blanca Suárez-.



 - Blanca Suárez e Jaime Olías -




- A actriz española Blanca Suárez será Bela -


- O actor italiano Alejandro Preziosi será a Besta.-


Aquí, vos deixo a ligazón, coa información de que dispoñemos sobre a serie, até o momento…



    
      E, por se fóra pouco, hai outras dúas películas, rodándose: unha, producida por Disney (sobre a que non temos moita información), e outra, dirixida por Guillermo del Toro. 


     
NOVA  BELA E BESTA, DE DISNEY (NON ANIMACIÓN) 

     Do proxecto da produtora DISNEY, só sabemos que o título da adaptación sería THE BEAST (A Besta). 

      Parece que esta versión podería ter un tono moito máis escuro có da famosa versión animada, xa que tanto o guionista como o director elixidos soen gustar de películas inquedantes e algo tenebrosas. 

       Poderemos ver algo así? O tempo diráo.


A BELA E A BESTA, DE GUILLERMO DEL TORO


       Desta nova versión sabemos que estará producida por WARNER BROS., que o seu director será Guillermo del Toro, e a súa protagonista feminina, Emma Watson (a nena bruxa de Harry Potter).

      Ao parecer, o proxecto estáse a retrasar, por unha banda, porque Del Toro está aínda coa montaxe da súa última película, e, por outra banda, a actriz protagonista -Emma Watson- está a rematar os seus estudos universitarios.

                         
- O famoso director de cine Guillermo del Toro -


- A actriz Emma Watson, próxima Bela -




- Emma Watson era Hermione Granger, nas películas de Harry Potter -


       

OS COMEZOS




BEAUTY AND THE BEAST

A BELA E A BESTA

        
          
       Este curso -2013/14-, decidimos apostar, no C.E.I.P. “Espedregada” –Raxó-, por un clube de lectura –xa, é o terceiro curso, dende que comezamos con este tipo de actividade-, para alumnos de 3º ciclo, pero… En inglés!
        
      Debo aclarar que este clube é “potente”, xa que prevexo unha duración de 6 meses, e estamos empregando, cada semana, como mínimo, unha sesión (Inglés); ás veces, máis (sección bilingüe de Ed. Artística), cando vemos películas.


ELECCIÓN DO TÍTULO
        
        Que por que eliximos este título?


    Bueno, en primeiro lugar, porque é un CONTO DE FADAS que, aínda que pareza mentira, case ningún neno ou nena coñecía –aínda que lles soaba o nome-, e os que o facían só tiñan como referencia a famosa película de Disney. “-Un conto, para nenos pequenos!”, dicíanme os meus alumnos…

Nada máis alonxado da realidade!, como eles mesmos están a descubrir…

A Bela e a Besta ten a súa clara orixe no mito grego de Eros e Psique, e, posteriormente, hai contos dos séculos XVI e XVII (recompilacións de Straparola, Basile, Perrault, Madame d´Aulnoy…) que conteñen elementos recollidos, na nosa historia. E estes non son, dende logo, contos, para nenos pequenos!

Paréceme importante destacar que, na miña opinión, entre tanto conto de aventuras –simples, liñais, aínda que divertidas para eles, iso si-, se está a perder, nas novas xeracións,  moita da “cultura literaria tradicional infantil”. Por iso, quixen, con este clube de lectura, poñer un graniño de area, para que non esquezan nin infravaloren os CONTOS DE FADAS.

Por outra banda, eu quería reivindicar a vixencia dos valores desta obra, no noso mundo actual -en que as apariencias tanto contan-, e no momento concreto da vida dos meus alumnos -en que eles comezan a se preocupar moito máis polo aspecto físico-.

Importante é, tamén, destacar que se trata dunha historia romántica, co cal eles –a estas idades- vense inmediatamente atraídos pola trama.


ELECCIÓN DO LIBRO, EN CONCRETO






         * Ligazón, para ver páxinas de mostra: 


Elixín, para traballar como texto base, o título Beauty and the Beast da colección Green Apple (Black Cat, Vicens Vives). Coido importante comentar os seus aspectos positivos:
       
        * Presenta unha linguaxe clara, con vocabulario e estruturas traballadas, en clase.

* As súas ilustracións (Giovanni Manna) son, na miña opinión, moi boas, porque resaltan a atmósfera nebulosa e escura dos contos de fada tradicionais.

* Todo o texto está grabado, con música, ruidos de fondo, etc., nun CD, para cada alumno, co cal, aparte de na aula, tamén poden escoitar o texto, na casa.

* Ao final de cada capítulo, aparecen actividades de análise e comprensión do lido, e de preparación previa ao seguinte -tipo KET e Trinity-, que son ideais para propiciar intercambios orais, en inglés –esta actividade lévaa a nosa auxiliar de conversa americana, Amelia Solkoff-.

* Conta, ademais, con tres dosieres relacionados co texto: un, sobre castelos –ideal, xa que, en xuño, teremos festa medieval, no centro-; outro, sobre flores; e o terceiro, sobre aparicións do noso título, en películas e teatro.


INTRODUCIÓN  DA  OBRA, NO CLUBE

        
      Ao presentarlles a trama do libro sobre o que iamos traballar, durante meses, quixen que se esqueceran, por completo, da imaxe colorida, doce e sumamente infantil da referencia que tiñan (Disney).

Sen comentario previo, porque  pretendía telos expectantes, visionamos, na pantalla branca de aula, unha película checoslovaca (1978), versión moi pouco coñecida, chamada “Panna a Netvor” (“A Virxe e o Monstro”). Aparece, en Youtube, en checoslovaco, pero, con subtítulos. É do director Juraj Herz, que recibiu a Medalla de Ouro, no Festival de Cine Fantástico e de Terror de Sitges, en 1979, por esta película.






Déixovos dúas ligazóns: na primeira, aparece con subtítulos só en inglés, e na segunda, aparece con subtítulos en inglés e castelán, á vez:



Debo dicir que lles impactou e, ao mesmo tempo, espertou vivamente a súa curiosidade por ler o libro, así que… Misión cumprida!

Tras ver a película, presenteilles dous trailers actuais, sobre o tema: un, sobre a serie de TV “Bela e Besta”- ambientada, na actualidade, e de carácter detectivesco-, que, o pasado ano, pasaron na cadena Cuatro –a algúns xa lles soaba-; o outro tráiler foi o da nova superprodución francesa -do director Christophe Gans- que, co mesmo título, se estrenou, en España, o 14 de marzo. A verdade é que, dende entón, xa me pediron, varias veces, que lles puxera, de novo, o trailer… 

Déixovos as ligazóns:







ACTIVIDADES QUE IMOS DESENVOLVENDO, Á MARXE DA LECTURA E ANÁLISE DO TEXTO
            


          Ao longo dos meses en que traballaremos directamente sobre o libro, iremos intercalando o visionado das diferentes versións cinematográficas que da “Bela e a Besta” se teñen realizadas –ou, alomenos, as máis salientables-. 

       Ao finalizar o libro, analizaremos os aspectos simbólicos que subxacen, no texto.
         
         Leremos a primeira e verdadeira historia de “Bela e a Besta”, que non é a máis coñecida –custoume moito atopala-, pero, non por iso menos valiosa.

         Acercarémonos ao mito grego de Eros e Psique, do que bebe a nosa historia, e descubriremos  semellanzas, non só na trama, senón tamén entre os protagonistas do mito e as nosas Bela e Besta.

        Por último, leremos e traduciremos conxuntamente  contos de séculos anteriores ao da invención do noso conto, que están influidos, todos eles, polo mito grego do que falabamos antes, e que, á súa vez, influiron, na nosa historia posterior; estableceremos semellanzas e diferenzas, entre eles.
         
     E, como non, coñeceremos os contos de tradición oral que foron recompilados, por toda Europa –incluido o País Basco-, durante o século XIX e comezos do XX, e que non son senón versións posteriores aos contos de Madame de Villeneuve e de Madame de Beaumont.

Agora, estamos a traballar, a fondo, sobre o libro, en inglés –esta semana, comezaremos co capítulo 4, dun total de 8-.

Pero, no medio dese traballo, aparece, xusto ao rematar o capítulo 2, a figura da besta, co seu afán protector cara a rosa…

E, neste eido, visionamos un vídeo do cantante inglés, de orixe nixeriana, Seal, cantando en acústico a famosa canción “Kiss from a Rose” (“Bico dunha Rosa”). Esta canción -banda sonora da película “Batman Volve”- ganou, en 1995, tres premios Grammy: pola canción do ano,  récord do ano, e mellor actuación vocal masculina.

 A partir de aí, presenteilles a letra da canción, en inglés, e fómola traducindo ao castelán e ao galego. O máis importante é desentrañar o significado agochado tralas palabras de Seal -é pura poesía!-, e darnos conta de que, sexa casualidade ou non, se axusta á perfección  á nosa historia.

Ao final desta entrada, tedes un ANEXO coa letra da canción, en inglés, castelán e galego. Aquí, vos deixo a ligazón do vídeo (a tradución dos subtítulos, en español, non sempre é correcta):



Pero, ademais, indagando sobre a figura do cantante, sabemos que estivo casado coa top model alemá Heidi Klum; e, o máis chamativo: sofre de lupus -de aí, as súas terribles cicatrices, na cara-. O lupus, ao parecer, cursa con fotofobia -a Besta só aparecía polas noites, lembrade?- e, nos casos máis avanzados da enfermidade, sae pelo, de xeito descontrolado, por todo o corpo. De aí, o nome “lupus” (“lobo”), polo aspecto que adquirían os doentes. Sóavos dalgo esta historia de amor? Bueno, a verdade é que a nós chamounos moitísimo a atención, por todas as equivalencias que presentaba coa nosa historia…


- O cantante inglés SEAL e a top model alemá HEIDI KLUM -




E, nesta semana (do 17 ao 21 de marzo), visionamos, na pantalla, unha versión animada de 1952, da antiga U.R.S.S., que se titula “A Flor Escarlata”. Está baseada nun conto de Sergey Aksakov (que non é máis ca unha versión-copia de “A Bela e a Besta”). O especial desta animación é que o director, Lev Atamanov,  usa a técnica do ROTOSCOPIO, para contar a historia, e, tamén, que as ilustracións están impregnadas da estética oriental –non só os personaxes, senón tamén os edificios e resto de ubicacións -. 







En Youtube, pódese ver esta película –duns 40 minutos de duración-, en ruso, con subtítulos en castelán, ou ben dobrada a español latino; na última ligazón, aparece en ruso, pero podes elixir subtítulos en inglés, francés ou español. 

Aquí, vos deixo as ligazóns:






Investigamos, un pouquiño, sobre o rotoscopio...



- Rotoscopio orixinal de Dave Fleischer (1914) -


- Animación, mediante rotoscopiado -


- Precursores do rotoscopio: taumatropo e zootropo -


- Taumatropo -


- Zootropo -


Por certo, que acabo de descobrir que, en 1977 (vinte e cinco anos despois da versión animada de Lev Atamanov), a directora de cine Irina Povolotskaya fixo, tamén na antiga U.R.S.S., unha versión de "A Flor Escarlata", con actores reais. Vexo moi difícil conseguir a película, pero, aquí tedes o cartel...




Teño, na recámara, máis sorpresas, pero haberá que agardar por elas, un pouquiño máis… E é que aínda non nos metemos a desentrañar as ideas máis interesantes que se agochan tralo texto… Por exemplo: que simboliza a rosa?, como evolucionan os protagonistas -ou só o fai Bela-?, cales son os obxectos máxicos, e que simboliza cada un deles?, que significado ten a escena final?

E aínda non temos falado das orixes da historia…, nin das versións posteriores, recompiladas por toda Europa, no século XIX…



A N E X O: LETRA DA CANCIÓN “KISS FROM A ROSE” (INGLÉS, CASTELÁN E GALEGO)


Kiss from a Rose by Seal.

Grammy Awards for song of the year, record of the year and best male pop vocal performance (1995)

There used to be a greying tower, alone on the sea…
You became the light on the dark side of me.
Love remained the drug that's the high, not the pill.

But did you know
that when it snows
my eyes become larger,
and light that you shine can´t be seen?

Baby!
I compare you to a kiss from a rose on the grey.
Ooh,
The more I get of you,
the stranger it feels, yeah.
Now that your rose is in bloom,
a light hits the gloom on the grey.

There is so much a man can tell you,
so much he can say…
You remain
my power, my pleasure, my pain…

Baby!
To me you're like a growing addiction that I can't deny.
Won't you tell me is that healthy, baby?

But did you know
that when it snows
my eyes become larger
and the light that you shine can´t be seen?

Baby!
I compare you to a kiss from a rose on the grey.
Ooh, the more I get of you,
the stranger it feels, yeah…
Now that your rose is in bloom,
a light hits the gloom on the grey.

I've been kissed by a rose on the grey,
I've been kissed by a rose on the grey,
...If I should fall,
will it all go away?
I've been kissed by a rose…

Baby!
I compare you to a kiss from a rose on the grey.
Ooh, the more I get of you,
the stranger it feels, yeah…
Now that your rose is in bloom,
a light hits the gloom on the grey.

I´ve been kissed from a rose on the grey…

Ooh, the more I get of you,
the stranger it feels, yeah…
Now that your rose is in bloom,
a light hits the gloom on the grey.


Now that your rose is in bloom,
a light hits the gloom on the grey…




 "Beso de una Rosa", de Seal.

Premios Grammy, por la canción del año, récord del año, y mejor actuación vocal masculina (1995)

Solía haber una torre que envejecía, sola, sobre el mar…
Tú te convertiste en la luz que iluminaba mi lado oscuro.
El amor seguía siendo el mejor estimulante, no la pastilla.

Pero, ¿sabías
que, al nevar,
mis ojos se hacen más grandes,
y no puedo ver la luz que irradias?

¡ Nena!
Te comparo con un beso de una rosa, en el ocaso.
Ooh,
Cuanto más consigo de ti,
más raro me siento, sí.
Ahora que tu rosa ha florecido,
una luz impacta en la penumbra del ocaso.

Hay tanto que un hombre puede contarte,
tanto que puede decir…
Tú sigues siendo
mi energía, mi placer, mi dolor…

¡ Nena!
Para mí, eres como una adicción que crece, y que no puedo negar.
¡No me dirás que eso es bueno, nena!

Pero, ¿sabías
que, al nevar,
mis ojos se hacen más grandes,
y no puedo ver la luz que irradias?

¡ Nena!
Te comparo con un beso de una rosa, en el ocaso.
Ooh,
Cuanto más consigo de ti,
más raro me siento, sí…
Ahora que tu rosa ha florecido,
una luz impacta en la penumbra del ocaso.

Me ha besado una rosa, en el ocaso.
Me ha besado una rosa, en el ocaso.
...Si decaigo, ¿
desaparecerá todo?
Me ha besado una rosa…

¡ Nena!
Te comparo con un beso de una rosa, en el ocaso.
Ooh, cuanto más consigo de ti,
más raro me siento, sí…
Ahora que tu rosa ha florecido,
una luz impacta en la penumbra del ocaso.

Me ha besado una rosa, en el ocaso…

Ooh, cuanto más consigo de ti,
más raro me siento, sí…
Ahora que tu rosa ha florecido,
una luz impacta en la penumbra del ocaso.

Ahora que tu rosa ha florecido,
una luz impacta en la penumbra del ocaso.



 "Bico dunha Rosa", de Seal.

Premios Grammy, pola canción do ano, récord do ano, e mellor actuación vocal masculina (1995)

Soía haber unha torre que envellecía, soa, sobre o mar…
Ti convertícheste na luz que iluminaba o meu lado escuro.
O amor seguía a ser o mellor estimulante, non a pílula.

Pero, sabías
que, ao nevar,
os meus ollos fanse máis grandes,
e non podo ver a luz que irradias?

Nena!
Compárote cun bico dunha rosa, no ocaso.
Ooh,
Canto máis consigo de ti,
máis raro me sinto, si.
Agora que a túa rosa floreceu,
unha luz impacta na penumbra do ocaso.

Hai tanto que un home che pode contar,
tanto que pode dicir…
Ti segues a ser
a miña enerxía, o meu pracer, a miña dor…

Nena!
Para min, es coma unha adición que medra, e que no podo negar.
Non me dirás que iso é bo, nena!

Pero, sabías
que, ao nevar,
os meus ollos fanse máis grandes,
e non podo ver a luz que irradias?

Nena!
Compárote cun bico dunha rosa, no ocaso.
Ooh,
Canto máis consigo de ti,
máis raro me sinto, si.
Agora que a túa rosa floreceu,
unha luz impacta na penumbra do ocaso.


Bicoume unha rosa, no ocaso...
Bicoume unha rosa, no ocaso...
… Se decaio, desaparecerá todo?
Bicoume unha rosa, no ocaso...

Nena!
Compárote cun bico dunha rosa, no ocaso.
Ooh,
Canto máis consigo de ti,
máis raro me sinto, si.
Agora que a túa rosa floreceu,
unha luz impacta na penumbra do ocaso.

Bicoume unha rosa, no ocaso…

Ooh, canto máis consigo de ti,
máis raro me sinto, si.
Agora que a túa rosa floreceu,
unha luz impacta na penumbra do ocaso.

Agora que a túa rosa floreceu,
unha luz impacta na penumbra do ocaso.