BEAUTY AND THE BEAST
A BELA E A BESTA
QUEN CANTA A BELA E BESTA ?
Pois, aínda que vos pareza mentira, nos anos 80 e 90 deuse un rexurdimento do gusto polo fantástico e polos CONTOS de FADAS -tal e como está a suceder, agora, case trinta anos despois-, e os GRUPOS de ROCK daquela época foron os que máis se animaron a rescatalos do olvido.
Agora, tócanos a nós voltar ao seu labor daqueles anos. Escoitalos, xa supoñe unha homenaxe.
Aí van!
De ESPAÑA, só atopei unha versión da ORQUESTRA MONDRAGÓN. A canción titúlase "Bella Bestia", e é do ano 1981.
Aquí, vos deixo a ligazón do vídeo musical, con imaxes da película de Jean Cocteau (1946).
Nestoutra ocasión, aparecen actuando no mítico programa "APLAUSO", con Javier Gurruchaga caracterizado da Besta.
Aquí, vos deixo a ligazón do vídeo musical, con imaxes da película de Jean Cocteau (1946).
Nestoutra ocasión, aparecen actuando no mítico programa "APLAUSO", con Javier Gurruchaga caracterizado da Besta.
A primeira versión, en INGLÉS, é do cantante MEAT LOAF ("pastel de carne"), e titúlase "I Would Do Anything for You (But I Won´t Do That)", que, en galego, significa "Eu Faría Calquera Cousa por Ti (Pero, Non Farei Iso)".
Fixádevos no mundo de fantasía despregado, neste videoclip!
- Meat Loaf: "I Would Do Anything for You (But I Won´t Do That)"-
Esta segunda versión é
de STEVIE NICKS. Titúlase "Beauty and the Beast", coma o conto.
Non
atopei o vídeo oficial, así que elixín un vídeo, no que a beleza desta canción
é o fío condutor da historia que contan as imaxes elixidas da serie "Once
upon a Time".
Espero que vos guste!
- Nesta imaxe promocional, aparecen a Bela e a Besta da película de Jean Cocteau (1946) -
- A beleza da canción de Stevie Nicks, con imaxes de "Once Upon a Time"-
A terceira versión é do grupo THE ARK, e titúlase "Beauty is the Beast" ("Bela é a Besta").
- A nosa Besta máis parece, aquí, un Fauno mitolóxico ca outra cousa, non credes? -
- "Beauty is the Beast" de The Ark -
Esta cuarta versión é do grupo NIGHTWISH, e titúlase "Beauty of the Beast": "A Bela da Besta", ou, como tradución literal, "A Beleza da Besta".
É un grupo de rock que, polo xeral, amosa moita forza, nas súas interpretacións, e, aquí, non nos decepciona.
Como tampouco atopei ningún vídeo oficial, elixín dous vídeos alternativos.
O máis salientable do primeiro vídeo é que está en branco e negro, e reviven a atmosfera da película da Bela e a Besta de Cocteau (1946) con imaxes do musical A Pantasma da Ópera de Joel Schumacher (2004).
Dá a impresión de que estamos entrando de verdade, nun mundo alternativo, onde todo é posible...
- "Beauty of the Beast" de Nightwish -
Neste segundo vídeo, as imaxes de Disney -ás veces, tan pastelosas- cobran unha forza especial, ao ir acompañando unha canción tan intensa. Espero que vos guste!
Á fin, a quinta e última versión corre a cargo da famosa CELINE DION e de PEABO BRYSON, xa que xuntos interpretan a famosa canción da película de animación de Disney.
É unha canción moito máis doce cá anterior de Nightwish, pero espero que vos guste tamén...
- "Beauty and the Beast", para Disney, de Celine Dion e Peabo Bryson -
No comments:
Post a Comment