Thursday, 19 June 2014

SERIES DE TELEVISIÓN





SERIES DE TELEVISIÓN

                    Nos anos 80 -xa hai case trinta anos! -, como comentabamos na entrada de "CANCIÓNS", houbo un rexurdimento do gusto polo fantástico. 

                   No ámbito da tele, tamén apareceu unha serie de grande éxito, baseada no noso conto de "A Bela e a Besta". Ambientada no mundo actual, é de tipo policíaco. 

                     A serie -de outubro de 1987 a agosto de 1990- conta a historia dun amor case imposible entre unha fiscal de distrito -Bela, que, na serie, se chama Catherine- e un home-besta -Vincent, na serie-, que a protexe, e vive nunha comunidade que habita no mundo subterráneo das profundidades de Nova Iorque.

                   A actriz que dá forma a Bela é a famosa Linda Hamilton, e, no papel de Besta, temos ao famoso Ron Perlman.


"Beauty and the Beast",  serie dos 80.


A famosa actriz Linda Hamilton era Catherine.


O famoso actor Ron Perlman era Vincent.

                     Aquí, vos deixo a ligazón da banda sonora:


                  E, aquí, está a cabeceira da serie, en inglés, e debaixo, outra en español latino:




O "REMAKE" DA SERIE DOS 80.

            O pasado ano 2013, pasaron pola cadena Cuatro unha nova serie de T.V. americana -producida pola cadena CW-,  baseada na serie da que acabamos de falar -da cadena, tamén americana, CBS-. Tamén é de carácter detectivesco, e os protagonistas chámanse igual (Catherine e Vincent).

                  Catherine Chandler, unha detective de policía, presenza o asasinato da súa nai, a noite en que é salvada por unha suposta besta. Nove anos máis tarde, un caso condúcea a descobrir que Vincent Keller -un doutor e ex-soldado que se cría morto, durante a guerra de Iraq- está, en realidade, vivo. A medida que Catherine o vai coñecendo, vai descubrindo máis sobre a morte da súa nai e sobre quen é el, en realidade.

                   Aquí, vos deixo a ligazón ao trailer:



"Beauty and the Beast", serie actual.

                 
   
Kristen Kreuk é Bela (Catherine Chandler) e Jay Ryan é Besta (Vincent Keller).



COÑECEDES  "ONCE UPON A TIME"?

                          "Once Upon a Time" ("Érase unha Vez") é unha novedosa serie -unha auténtica superprodución-, na que se mesturan unha morea de CONTOS de FADAS tradicionais, para dar forma a unha nova historia.



"Once Upon a Time" (2ª tempada)


                   A acción é trepidante; dánse saltos entre unha historia e outra, e, tamén, saltos no tempo. Ah!, e a protagonista non é outra que a filla de Brancaneves, unha princesa moi pouco tradicional...


- Emma Swan, protagonista e filla de Brancaneves -

                     Entre os contos aos que se fai referencia, nesta serie, está A Bela e a Besta, como non podía ser menos... De feito, é a trama desenvolvida entre os seus protagonistas (nova versión do clásico) a que esperta maior interese, entre os fans.


- Rumpelstiltskin e Belle -
             
          Unha das súas CURIOSIDADES -e, na miña opinión, todo un acerto- é a de que a personaxe da Besta se corresponde co famoso Rumpelstiltskin. Por iso, os fans da serie bautizaron a relación entre Bela (Belle) e Rumpelstiltskin como RUMBELLE.

             Imos ver varios vídeos!

       No primeiro vídeo (en INGLÉS), aparecen moitas das escenas que se dan, entre os protagonistas, ao longo das primeira e segunda tempadas.

     Fixádevos na interpretación dos actores -boísima!-, e no ambiente de fantasía logrado! 

                

-Rumbelle (Rumpelstiltskin e mais Belle)-


                      Este segundo vídeo é máis do mesmo, pero, en castelán. Non é tan completo coma o anterior.




- Rumbelle (Rumpelstiltskin e mais Belle), en castelán -


                O seguinte videoclip é de NICKELBAG, interpretando a canción "I Have Loved You All Along" ("Téñote amado, todo este tempo"). 

                A min encántame esta canción, e o vídeo, con imaxes da serie está xenial. Ademais, vai aparecendo a letra da canción, en inglés.



       E, por último, este outro videoclip de TAYLOR SWIFT, interpretando "Enchanted" ("Encantada"), tamén con imaxes da serie.


No comments:

Post a Comment