Saturday 22 March 2014

O QUE NOS ACABA DE CHEGAR, E O QUE VÉN...




BEAUTY AND THE BEAST

A BELA E A BESTA



O QUE NOS ACABA DE CHEGAR, E O QUE VÉN…

                
            
     A Bela e a Besta ESTÁ, esta tempada, DE MODA. Se non, fixádevos en que cantidade de PROXECTOS distintos se están a desenvolver, ao longo destes meses!

                  


A BELA E A BESTA, DE CHRISTOPHE GANS



    Como se nota que levamos unha semaniña (dende o 14 de marzo), coa película francesa da  Bela e a Besta, nas salas de cine españolas! Por certo, que aínda non chegou a Pontevedra. Pero, por sorte, proliferan fotos da peli, por todas partes! 

                 Ímoslles botar unha ollada:

































- Sóavos o mozo, a cabalo? É Eduardo Noriega, actor español -


De momento, só podemos ver a película, en Vigo:


* CINE “GRAN VÍA”:


* CINE “YELMO”. Aquí, en 3D!!

         
A BELA E A BESTA, DE MEDIASET E LUX VIDE


    Ah!, pero é que estamos a agardar por unha NOVA SERIE de T.V. (coprodución italo-española), que se acabou de rodar, a finais de 2013, enteramente en INGLÉS, en Turín (Italia). Ambientada na Francia do século XVIII, conta con dous actores españois –entre eles, a actriz protagonista: Blanca Suárez-.



 - Blanca Suárez e Jaime Olías -




- A actriz española Blanca Suárez será Bela -


- O actor italiano Alejandro Preziosi será a Besta.-


Aquí, vos deixo a ligazón, coa información de que dispoñemos sobre a serie, até o momento…



    
      E, por se fóra pouco, hai outras dúas películas, rodándose: unha, producida por Disney (sobre a que non temos moita información), e outra, dirixida por Guillermo del Toro. 


     
NOVA  BELA E BESTA, DE DISNEY (NON ANIMACIÓN) 

     Do proxecto da produtora DISNEY, só sabemos que o título da adaptación sería THE BEAST (A Besta). 

      Parece que esta versión podería ter un tono moito máis escuro có da famosa versión animada, xa que tanto o guionista como o director elixidos soen gustar de películas inquedantes e algo tenebrosas. 

       Poderemos ver algo así? O tempo diráo.


A BELA E A BESTA, DE GUILLERMO DEL TORO


       Desta nova versión sabemos que estará producida por WARNER BROS., que o seu director será Guillermo del Toro, e a súa protagonista feminina, Emma Watson (a nena bruxa de Harry Potter).

      Ao parecer, o proxecto estáse a retrasar, por unha banda, porque Del Toro está aínda coa montaxe da súa última película, e, por outra banda, a actriz protagonista -Emma Watson- está a rematar os seus estudos universitarios.

                         
- O famoso director de cine Guillermo del Toro -


- A actriz Emma Watson, próxima Bela -




- Emma Watson era Hermione Granger, nas películas de Harry Potter -


       

No comments:

Post a Comment