Sunday 23 March 2014

QUEN CANTA A BELA E BESTA?




    BEAUTY AND THE BEAST

A BELA E A BESTA



QUEN CANTA A BELA E BESTA ?

         
        
              Pois, aínda que vos pareza mentira, nos anos 80 e 90 deuse un rexurdimento do gusto polo fantástico e polos CONTOS de FADAS -tal e como está a suceder, agora, case trinta anos despois-, e os GRUPOS de ROCK daquela época foron os que máis se animaron a rescatalos do olvido.

            Agora, tócanos a nós voltar ao seu labor daqueles anos. Escoitalos, xa supoñe unha homenaxe. 

           Aí van!

          De ESPAÑA, só atopei unha versión da ORQUESTRA MONDRAGÓN. A canción titúlase "Bella Bestia", e é do ano 1981. 


          

           Aquí, vos deixo a ligazón do vídeo musical, con imaxes da película de Jean Cocteau (1946).



          Nestoutra ocasión, aparecen actuando no mítico programa "APLAUSO", con Javier Gurruchaga caracterizado da Besta.




         A primeira versión, en INGLÉS, é do cantante MEAT LOAF ("pastel de carne"), e titúlase "I Would Do Anything for You (But I Won´t Do That)", que, en galego, significa "Eu Faría Calquera Cousa por Ti (Pero, Non Farei Iso)".






     Fixádevos no mundo de fantasía despregado, neste videoclip!

- Meat Loaf: "I Would Do Anything for You (But I Won´t Do That)"-

                      
        Esta segunda versión é de STEVIE NICKS. Titúlase "Beauty and the Beast", coma o conto. 

        Non atopei o vídeo oficial, así que elixín un vídeo, no que a beleza desta canción é o fío condutor da historia que contan as imaxes elixidas da serie "Once upon a Time". 

    Espero que vos guste!


- Nesta imaxe promocional, aparecen a Bela e a Besta da película de Jean Cocteau (1946) -


- A beleza da canción de Stevie Nicks, con imaxes de "Once Upon a Time"-


A terceira versión é do grupo THE ARK, e titúlase "Beauty is the Beast" ("Bela é a Besta"). 

- A nosa Besta máis parece, aquí, un Fauno mitolóxico ca outra cousa, non credes? -

   Non atopei ningún vídeo oficial deles; o único que podemos ver é un vídeo con imaxes do grupo, e, de fondo, escoitamos a canción.

- "Beauty is the Beast" de The Ark -



Esta cuarta versión é do grupo NIGHTWISH, e titúlase "Beauty of the Beast": "A Bela da Besta", ou, como tradución literal, "A Beleza da Besta".



É un grupo de rock que, polo xeral, amosa moita forza, nas súas interpretacións, e, aquí, non nos decepciona.

Como tampouco atopei ningún vídeo oficial, elixín dous vídeos alternativos.

O máis salientable do primeiro vídeo é que está en branco e negro, e reviven a atmosfera da película da Bela e a Besta de Cocteau (1946) con imaxes do musical A Pantasma da Ópera de Joel Schumacher (2004). 

Dá a impresión de que estamos entrando de verdade, nun mundo alternativo, onde todo é posible...

- "Beauty of the Beast" de Nightwish -


Neste segundo vídeo, as imaxes de Disney -ás veces, tan pastelosas- cobran unha forza especial, ao ir acompañando unha canción tan intensa. Espero que vos guste!



Á fin, a quinta e última versión corre a cargo da famosa CELINE DION e de PEABO BRYSON, xa que xuntos interpretan a famosa canción da película de animación de Disney.

É unha canción moito máis doce cá anterior de Nightwish, pero espero que vos guste tamén... 

- "Beauty and the Beast", para Disney, de Celine Dion e Peabo Bryson -





No comments:

Post a Comment