Monday 5 May 2014

PELÍCULAS



P E L Í C U L A S


                      A película máis antiga da que temos constancia é a de Jean Costeau (1946). Aquí, podemos ver as ligazóns dos trailers, en YouTube (francés, con subtítulos en inglés). Para moitos, a mellor versión da "Bela e a Besta"... En clase, verémola completa!


- Jossete Day (Bela) e Jean Marais (Besta) -

- Trailer orixinal -


- Trailer do reestreno -


                        A continuación, propóñovos unha película de 1976 (para televisión). O actor protagonista foi nominado a un premio Emmy, pola súa interpretación. Aparece só en inglés (sen subtítulos). A calidade da imaxe non é moi boa, pero a min gústame especialmente o tratamento que se dá ao aspecto psicolóxico das personaxes ... Xa me contaredes!


- Trish Van Devere (Bela) e George C. Scott (Besta) -

- "Beauty and the Beast" (1976) -


                          Dous anos máis tarde (1978), podiamos desfrutar dunha nova versión. Aquí, déixovos, de novo, a ligazón á película checoslovaca da primeira entrada ("Os Comezos"). É do director Juraj Herz, e titúlase "Panna a Netvor" ("A Virxe e o Monstro"). Esta versión aparece en checoslovaco, con subtítulos en inglés.




- Juraj Herz, "Panna a Netvor" (1978) -

                         Aquí, vos aparece unha ligazón, para vela con subtítulos en castelán e inglés, á vez (vai por partes):

                          

               En 1984, dentro da serie "Faerie Tale Theatre" -que, en España, se coñecera como "El Cuentacuentos. Cuentos de Hadas"-, podemos ver un capítulo dedicado á nosa historia (que, en si mesmo, constitúe unha película). Os seus protagonistas son Klaus Kinski e a que sería  famosa Susan Sarandon. Está rodada como TEATRO; de aí, a súa orixinalidade. 


- Susan Sarandon (Bela) e Klaus Kinski (Besta) -


                                Na seguinte ligazón, aparece en inglés (sen subtítulos):

- Beauty and the Beast, 1984 -

                      Aquí abaixo, aparece en castelán, dividida en cinco partes:


- A Bela e a Besta, 1984 -
                                                                         
                             
                         Tres anos máis tarde (1987), dentro da serie "Cannon Tales", aparece unha nova versión do noso conto, protagonizada pola que tamén se faría famosa Rebecca de Mornay, e por John Savage. En realidade, trátase dun MUSICAL. Aparece, en Youtube, en inglés (sen subtítulos), en varias partes. 




                          Aquí, tedes as ligazóns do trailer e mais da primeira parte:




           
                      Dende os anos 80, non se volveu rodar outra película minimamente fiel ao texto orixinal, até o ano pasado (2013). Case trinta anos despois! É a nova versión francesa (superprodución) de Christophe Gans, da que xa falabamos, na entrada "Por Vir". Estrenouse, en España, o 14 de marzo deste 2014. 


- Léa Seydoux (Bela) e Vincent Cassel (Besta) -

                            Aquí, vos deixo a ligazón do trailer:

- A Bela e a Besta, 2014 -
                                                                            
                  Nestes anos, si que se fixeron algunhas versións máis do noso conto, pero de baixo presuposto, e que se alonxan moitísimo do orixinal. Na miña opinión, non son de gran calidade.

                         A primeira versión -e a que máis me gusta- que vos propoño está ambientada na actualidade; protagonizada por, e dirixida a adolescentes. Titúlase "Beastly", aínda que, en España, coñecémola como "O Corazón da Besta" ou "O Encanto da Besta". Nós ímola ver, na clase!


- Vanessa Hudgens (Bela) e Alex Pettyfer (Besta) -

- Trailer da película, en inglés, con subtítulos en castelán -

                         A segunda versión deste tipo que atopei é unha película australiana do ano 2009, e está protagonizada por Estella Warren. É de tipo GORE (moito sangue, desmembramentos, etc.), polo que eu NON RECOMENDARÍA que a viran os nenos. Ademais, nin o guion nin os actores son bos, na miña opinión. 

- Estella Warren (Bela) e Rhett Giles (Besta) -

                             Aínda así, aquí tedes a ligazón:

- A Bela e a Besta, 2009 -


                     Outra versión da nosa historia é unha película cristiana, co mesmo título, e ambientada no tempo actual. Aparece en inglés, con subtítulos en español:






                            Unha versión máis da nosa historia. Chámase "Beauty". É unha película, para televisión, da cadena CBS, do ano 1998. Tamén ambientada na actualidade, conta como protagonista a Janine Turner. En Youtube, aparece en inglés, sen subtítulos, dividida en varias partes. Aquí, tedes a ligazón:

- "Beauty", 1998 -



                        Outra versión moderna. Titúlase "The Beautiful Beast" ("A Bela /Bonita Besta"), e trata sobre unha rapaza rica e superficial que, por accidente, se ve recluida, nunha cabaña, cun home oposto a ela, e que non está disposto a tolerar os seus caprichos. El , pola súa banda, arrastra unha historia persoal difícil. Ambos coñeceranse e as súas vidas cambiarán, para sempre. En Youtube, podemos ver o trailer (en inglés, sen subtítulos). Aquí, está a ligazón:


- "The Beautiful Beast", 2013 -



                           Por último, unha versión, para a televisión alemá, de 2012. Non ten sido traducida a inglés ou castelán, pero a teño conseguida con subtítulos en inglés, dividida en dúas partes. Desfrutade dela!! Paréceme autenticamente buena!!

- "Beauty and the Beast", 2012 (PART 1)

- "Beauty and the Beast", 2012 (PART 2)

No comments:

Post a Comment