FOTOGRAFÍA ARTÍSTICA
Nos últimos anos, algúns dos mellores fotógrafos profesionais, a nivel mundial, están a poñerse tralo obxetivo, para recrear o mundo máxico dos CONTOS DE FADAS.
Aquí, iremos poñendo o que se vaia publicando, en relación a Bela e a Besta....
A BELA E A BESTA, DE ANNIE LEBOVITZ
A prestixiosa fotógrafa de famosos, ANNIE LEIBOVITZ retrata a PENÉLOPE CRUZ caracterizada como a personaxe de Bela, en "A Bela e a Besta". Ao seu carón, xa convertido en humano, o xenial JEFF BRIDGESS.
A BELA E A BESTA, DE ANNIE LEBOVITZ
A prestixiosa fotógrafa de famosos, ANNIE LEIBOVITZ retrata a PENÉLOPE CRUZ caracterizada como a personaxe de Bela, en "A Bela e a Besta". Ao seu carón, xa convertido en humano, o xenial JEFF BRIDGESS.
- "Bela e Besta", por Annie Lebovitz -
A BELA E A BESTA, DE MANUEL DE LOS GALANES
NATASCHA YAROVENKO e CARLOS BARDEM son "A Bela e a Besta", segundo o coñecido fotógrafo, que tamén está a inmortalizar a outros famosos actores e actrices españois, caracterizados como personaxes de conto...
- "Bela e Besta", por Manuel de los Galanes -
Por se vos apetece ver máis das súas obras, aquí tedes a ligazón:
A BELA E A BESTA, DE EUGENIO RECUENCO
O fotógrafo español Eugenio Recuenco - recoñecido, a nivel mundial, entre outras cousas, polo seu labor na revista Vogue- expuxo, o pasado ano, 2013, en Berlín, algunhas das súas obras – Galería CWC-Camera Work -. E, como non, el tamén homenaxeou o noso conto…
Aquí, vos deixo algunhas das súas fotos. Parecen escenas cinematográficas. Desfrutádeas!
- Bela e Besta, Eugenio Recuenco (2008) -
- Bela e Besta, Eugenio Recuenco (2008) -
- Bela e Besta, Eugenio Recuenco (2008) -
Impresionantes, verdade? Se vos gusta, aquí tedes a ligazón, para ver outras fotos súas (algunhas delas están inspiradas noutros CONTOS DE FADAS):
A BELA, DE DINA GOLDSTEIN
Por último, apuntar que hai unha fotógrafa canadiense -DINA GOLDSTEIN- que realizou unha serie de fotografías relacionadas cos CONTOS DE FADAS, pero dende un punto de vista feminista. Trátase dunha crítica social dirixida á volta de valores misóxinos que parecían esquecidos.
O retrato de Bela é bastante desagradable, pero nos fai reflexionar sobre a importancia de querernos a nós mesmas, e non ser escravas do físico. Aí vai!
- "Bela", por Dina Goldstein -
Por se queredes ver máis retratos de personaxes de contos -prometo que non son tan desagradables-, aquí tedes a ligazón:
No comments:
Post a Comment