BEAUTY AND THE BEAST - A BELA E A BESTA
ANÁLISE DA OBRA
1.- IDEAS SUBXACENTES, NO CONTO.
1.1.-
ANIMALIDADE VS. ESPIRITUALIDADE?
1.2.- EVOLUCIÓN DA
BESTA… SÓ FÍSICA?
1.3.- É BELA
PERFECTA?
1.3.1..- MADURACIÓN DE
BELA: TAREFA IMPOSIBLE?
1.3.1.1..- SUPERACIÓN DO
CONFLITO PAI-NOIVO.
1.3.1.2.- BELA ESPERTA: XA,
NON SE AMOLDA.
1.3.1.3.- QUE CHEGA
A “VER” BELA?
1.4.- GUSTARÍACHE TER UN PAI
COMA O DE
BELA?
1.5.- EVOLUCIÓN DA
RELACIÓN ENTRE BESTA
E BELA.
2.- O CAMIÑO
DO “COÑECEMENTO”.
2.1.- SIMBOLISMO DA
ROSA.
2.2.- BELA E
BESTA, EN RELACIÓN
Á ROSA.
2.3.- OS DOUS
OBXECTOS MÁXICOS.
2.4.- SIGNIFICADO DA
ESCENA FINAL.
1.-
IDEAS SUBXACENTES, NO CONTO.
Segundo
Bruno Bettelheim (Psicoanálise dos Contos de Fadas), hai catro elementos
típicos, que se repiten en tódalas historias tipo “bela-besta” (animal-noivo):
*
Non sabemos como ou por que o noivo foi transformado nun animal.
* O feitizo é,
sempre, obra dunha bruxa, madrastra ou fada malvada: é unha muller madura a que
fai que os homes teñan a apariencia de animais aos ollos das mozas.
*
O pai é a causa de que a heroína se una coa besta –ás veces, obrígaa-.
* A nai, ou non
aparece, ou non desempeña, en calquera caso, ningún papel importante, na
historia.
Todo
CONTO DE FADAS é un espello máxico que reflicte algúns aspectos do noso mundo
interior e das etapas necesarias, para PASAR DA INMADUREZ Á MADUREZ TOTAL.
1.1.-
ANIMALIDADE VS. ESPIRITUALIDADE ?
Cando
un comeza ler este conto, sen demasiada reflexión polo medio, si que nos pode
dar a sensación de que presenta ambos conceptos –animalidade e espiritualidade-
como contrapostos, pero iremos vendo que non é así.
A
Bela e a Besta
comeza coa visión inmadura que atribúe ao ser humano unha existencia dual: a
animal (simbolizada por Besta) e a espiritual (simbolizada por Bela).
No
proceso de maduración, estes aspectos artificialmente aillados da nosa
personalidade han de chegar a unirse, pois só, así, poderemos acadar a completa
autorrealización.
Deste
xeito, a unión de Bela coa Besta simboliza a reconciliación dos aspectos
espirituais e animais que coexisten, no ser humano, e que, antes, estaban
disociados (é dicir, separados).
De
feito, no conto, a SEPARACIÓN descríbese
como unha ENFERMIDADE, pois, tanto o
pai como a Besta, ao estar alonxados de Bela e do que esta representa, chegan
case ao bordo da morte.
Ao
final, tanto o pai como a Besta recobran a VIDA,
grazas ao amor que ela lles profesa.
E
Bela CRECE COMO PERSOA –convírtese
en ser adulto completo-, cando opta libremente por deixar a etapa anterior (inmadura), para unirse
ao noivo (Besta).
De
feito, para que unha parella alcance a felicidade, debe compartir todos os
aspectos da vida, estando ambos ao mesmo nivel. É difícil acadar este
obxectivo, ao mesmo tempo, para os dous membros, pero non se pode evitar, se
queren acadar a felicidade o un xunto ao outro.
1.2.-
EVOLUCIÓN DA BESTA… SÓ
FÍSICA ?
Claro
que a Besta evoluciona fisicamente! Pero, esta evolución física, evidente, non
é senón un símbolo da verdadeira evolución interior, a nivel espiritual.
No
caso da Besta, descríbese o desenvolvemento dun amor primitivo, egoísta e
agresivo cara outro completo, necesario
nunha RELACIÓN AMOROSA LIBREMENTE
ELIXIDA.
Besta
foi, sempre, XENEROSO, NO MATERIAL,
pero, debe acabar cos seus INSTINTOS DE
CONTROL E POSESIÓN. Se lembramos,
Besta, aos comezos, está empeñado en que se cumpra a súa vontade (insiste, unha
e outra vez, no casamento), e en posuir a súa parella (Bela non pode saír do
castelo).
Ademais,
Besta quere deixar de selo, pero SEN
ARRISCAR nada (só aporta agasallos materiais, palabras amables…); polo
tanto, non é quen de AMAR, o mesmo que ninguén pode sentir AMOR por el –nin sequera Bela-.
Besta
necesita e quere ser salvado, pero non está preparado, para iso. Antes, el, por
si mesmo, debe dar un paso decisivo.
Por
fortuna, COMPRENDE, á fin, que o AMOR VERDADEIRO é xeneroso, tamén, a
nivel espiritual: implica PACIENCIA,
CONFIANZA, RISCO PERSOAL e, ante todo, LIBERDADE.
Besta
tarda un pouco en amosar estas virtudes (non o fai, até case a fin do libro),
pero, cando se decide…Vaia se demostra o seu AMOR! Vexámolo:
* Besta
LIBERA a Bela das súas ataduras, para que poida ser a DONA do seu propio
DESTINO.
* CONFÍA
na súa promesa, sen máis garantía que a palabra da que fora a súa cautiva.
* ARRÍSCASE.
Que máis valioso pode arriscar unha persoa que o seu corazón e a súa propia
vida?
* É
PACIENTE. Cando Bela se retrasa, nin sequera a chama ou a vai buscar. Dálle
tempo, para reflexionar e tomar as súas
propias decisións, aínda a risco de que chegue demasiado tarde. Que diferente
da Besta que, cada noite, volvía sobre a carga, acosando a Bela coas súas
peticións de matrimonio!
E,
así, sendo, á fin, quen de AMAR, pasa a
ser merecedor e receptor, á súa vez, de AMOR.
Non
é outra cousa ca este AMOR auténtico
de Besta, dado SEN MEDIDA, aquilo
que o SALVA.
1.3.-
É BELA PERFECTA ?
Definitivamente,
non!
Bela
é fermosa, intelixente (“gusta de ler bos libros”), optimista, traballadora, valente,
nobre de corazón, leal, xenerosa e cariñosa. Por que dicimos, entón, que non é
perfecta?
Bela
é todo o anterior e máis aínda, pero…
* Mantén
un VENCELLO INFANTIL -que a mantén
ligada a seu pai e a todo o que lle resulta coñecido: casa, familia-, que NON A DEIXA EVOLUCIONAR ao seu papel de
adulta.
* AMÓLDASE, sempre, ás necesidades dos
demais. NON é PROTAGONISTA do seu DESTINO. Amóldase, cando deben pasar á
pobreza; amóldase, cando debe ir ao castelo, a morrer; e amóldase, cando vive,
no castelo, segundo as normas que impoñe a Besta.
* NON É QUEN DE VER TRALAS APARIENCIAS.
De
aí que, por unha banda, sexa extremadamente inxenua e inocente.
Non
percibe o perigo de se fiar das súas irmás, a pesar das súas abondosas mostras
de desafecto e falsedade; polo tanto, non é quen de se protexer a si mesma, nin
de protexer aos seus seres queridos –neste caso, a seu pai e á Besta-, como
correspondería a un adulto ben formado.
E
lembremos que tampouco “captou” a verdadeira natureza dos pretendentes das súas
irmás: “Bela contoulle a seu pai da visita dalgúns xentilhomes, na súa
ausencia, e que dous deles amaban ás súas irmás.”
Por
outra banda, o obvio: non é quen de percibir o que se agocha tralo monstro
–non só tralo aspecto exterior senón tampouco tralo seu comportamento-.
1.3.1.- MADURACIÓN DE
BELA: TAREFA IMPOSIBLE ?
Non,
imposible vemos que non, pero, si, con grandes dificultades. Ao longo do conto,
podemos percibir como Bela, non sen traspés –igual que ocorre, na vida real-,
vai conseguindo un maior grao de madurez.
1.3.1.1.- SUPERACIÓN DO
CONFLITO PAI-NOIVO (BESTA).
Se
lemos, con atención, descubriremos como se amosa o tipo de relación que Bela
mantiña co seu pai: “As irmás divertíanse continuamente, e tiñan pretendentes,
mentres Bela permañecía, sempre, na casa, dicindo que era demasiado xove, para
se casar, e que desexaba quedarse xunto a seu pai, uns anos máis.”
No
conto, Bela únese, aos comezos, á Besta, só por amor a seu pai, pero, cando
este amor madura, cambia o seu obxecto principal - cousa que, como veremos, non
deixa de acarrexar dificultades-.
Sumida
no conflito, entre o amor polo seu pai e a necesidade que a Besta ten dela,
Bela abandona a esta última, para acodir xunto a seu pai.
Grazas
a iso, dáse conta da intensidade real do afecto que sinte pola Besta: símbolo
do enfeblecemento da relación co seu pai, e da transferencia do seu AMOR cara a
Besta.
Toma
claro partido: deixa a súa casa, e regresa xunto á Besta. SUPERA, deste xeito, as LIGAZÓNS
EMOCIONAIS e ATADURAS MUNDANAS que
NON LLE PERMITÍAN EVOLUCIONAR cara a
vida adulta.
Como
se resolve o conflito?
Ao
final do conto, a Besta fai que o pai vaia vivir con eles ao castelo. Así, afortunadamente,
Bela pasa da crenza de que ten que elixir, entre o amor polo seu pai e o amor
pola Besta, ao descubrimento de que considerar como antagónicos estes dous
afectos comporta unha visión inmadura das cousas.
1.3.1.2.- BELA ESPERTA: XA,
NON SE AMOLDA…
Bela
vive, no castelo, durante tres meses, seguindo as normas establecidas pola
Besta. Tal e como está acostumada a facer, ao longo da súa vida, AMÓLDASE á situación que lle é imposta,
e míntese a si mesma, créndose feliz, até que ESPERTA e SE REBELA.
O
palazo da Besta, no que todos os desexos de Bela se cumpren inmediatamente, é
unha FANTASÍA COMÚN: é rara a persoa
que non teña desexado, algunha vez, unha existencia na que non se lle exixa
nada, e na que todos os seus desexos se realicen con só pronuncialos.
Ese
tipo de vida suxire que a VERDADEIRA
CONCIENCIA non forma parte, aínda, da existencia de Bela. O pracer inxenuo
é moi diferente do amor maduro, baseado no coñecemento, a experiencia e o
sofremento. A sabiduría non se obtén, mediante unha vida de praceres doados.
Pero,
ademais, é que o conto de fadas advirte que unha vida semellante, lonxe de ser
satisfactoria, convírtese nalgo baleiro e monótono.
Villeneuve expresa esta idea: "Todo cansa: a maior felicidade vólvese insulsa, cando é continua, cando provén, sempre, das mesmas cousas, e un se atopa exento de temor e de esperanza".
Isto chega até o punto de que Bela chega a desexar ardentemente as visitas diarias da Besta, que, nun principio, a aterrorizaban.
Villeneuve expresa esta idea: "Todo cansa: a maior felicidade vólvese insulsa, cando é continua, cando provén, sempre, das mesmas cousas, e un se atopa exento de temor e de esperanza".
Isto chega até o punto de que Bela chega a desexar ardentemente as visitas diarias da Besta, que, nun principio, a aterrorizaban.
Unha
das mensaxes subxacentes sería, polo tanto, que por moi pracenteira que resulte
unha vida chea de INXENUIDADE, trátase,
sempre, dunha EXISTENCIA moi BALEIRA, que NON SE DEBE ACEPTAR. A
pesar das dificultades que comporta a nova existencia chea de conciencia e
calidades humanas que a muller ten que alcanzar, este é o camiño que se debe
seguir.
Bela
VOLVE á VIDA, cando se entera de que seu pai a necesita. Esta nova altera a
non-existencia de Bela; comeza actuar: confésalle á Besta que non é feliz, e
que precisa saír do castelo. Á fin, DEIXA
DE SE CONFORMAR co que “lle toca vivir”, e convírtese en PROTAGONISTA do seu DESTINO.
1.3.1.3.- QUE CHEGA
A “VER” BELA ?
Bela,
aos comezos do conto, sabía a teoría de NON
DEIXARSE GUIAR POLO QUE PARECE. Así, na primeira cea que comparten, dille á
Besta: ”Hai moitos homes que son máis monstros ca vos, e prefírovos co voso aspecto a aqueles que, con aspecto de
home, agochan un corazón falso, corrompido e ingrato.” “Non se é un bruto,
cando un di que cre non ser inxenioso. Un bobo, nunca, diría iso.”
Bonitas palabras, pero… Ai!, estas ideas non as
levaba á práctica. Bela, por desgraza, non era quen de ver tralas apariencias.
EN
RELACIÓN ÁS SÚAS IRMÁS,
non queda claro, no conto, se, finalmente, chega a coñecelas de verdade, pois o
castigo é imposto por unha fada. Ben é certo que Bela non intercede por elas…
Pola
contra, NO RELATIVO AOS HOMES DAS SÚAS
IRMÁS, si que é certo que, tras vivir coa Besta, de volta ao fogar, pode
comparar caracteres e comportamentos masculinos, e dáse conta de que estaba
errada, nas súas apreciacións, pois di:”Por que non quixen casar coa Besta?
Sería moito máis feliz con el que as miñas irmás cos seus maridos.”
Que
chega a “ver”, EN CANTO Á BESTA?
Bueno,
é evidente que a percepción de Bela, con respecto a Besta, cambia radicalmente.
Pasa de consideralo un monstro –non só no exterior- a consideralo un marido ideal.
Dáse
conta de que, baixo toda esa apariencia física monstrosa, e toda esa
rixidez, posesividade e falta de
inxenio, había un ser extremadamente bondadoso. E, finalmente, APRENDE que a BONDADE SUPERA á BELEZA e á INTELIXENCIA, é dicir, que, con respecto á Besta, acaba por VER MÁIS ALÁ DAS APARIENCIAS.
1.4.- GUSTARÍACHE TER
UN PAI COMA O DE
BELA?
Reflexionemos
sobre o carácter e o proceder do pai.
En
canto ao carácter, a obra amósanos a un pai XENEROSO coas súas fillas… Pero, claramente, EN EXCESO: dúas das tres son extremadamente materialistas.
Ao
mesmo tempo, amosa, tamén, FALTA DE LIDERAZGO,
FIRMEZA E ECUANIMIDADE, xa que a dúas lles permite:
*
Folgazanear -mentres a terceira filla se fai cargo de todo-.
* Queixarse
constantemente.
*
Falar mal da súa irmá.
Ademais,
é COBARDE: acaba por aceptar que
Bela vaia en busca da morte, a mans da Besta, para que el se salve; e procede
de xeito pouco ecuánime, de novo, con ela, cando se nega rotundamente a que
seus fillos varóns corran a mesma sorte.
1.5.- EVOLUCIÓN DA
RELACIÓN ENTRE BESTA
E BELA.
A EVOLUCIÓN da relación entre os protagonistas
non pode ser máis EXTREMA: ao
principio, Bela cre que a Besta quere matala. Ao final do conto, quéreo máis
ca a ninguén no mundo.
Pero,
NON podemos falar de “FRECHAZO”, nin moito menos, en canto á
percepción da intensidade e carácter dos seus propios sentimentos, xa que pasa
de estar aterrorizada a considerarse amiga, e non se percibe a si mesma como
amante da Besta, até o final.
Claro
está que, para acadar o verdadeiro amor, é absolutamente necesario que
sobreveña un cambio radical, en canto ás actitudes que se mantiñan previamente…
Pero, isto non é doado! Aos comezos, iuxtapóñense as ansiedades da Besta –que
teme que a súa parella non acepte a súa tosquedade- coas angustias desta,
acerca da natureza brutal do noivo. E, claro, mentres un siga considerando ao
outro como algo semellante a un animal, o outro conservará, en parte, esta
mesma apariencia, tanto para si mesmo como para a súa parella.
Ao
final, a devoción e o amor que a heroína sinte polo animal-noivo é a chave,
para que este recobre a súa forma humana.
E
como só se chegará a este final feliz, se a moza se namora verdadeiramente del,
a besta trata de facer todo o posible, para acelerar o proceso, e para tentar
descubrir apresuradamente que representa el, para ela. Pero, isto ten
consecuencias negativas.
BELA
É MANIPULADA,
para que acepte a unión a un nivel que non desexa. Vexamos como:
Por
unha banda, sendo AILLADA do resto
do mundo, de xeito que o único contacto humano sexa con Besta.
Pola
outra banda, sendo deixada na máis ABSOLUTA
SOIDADE, agás uns curtos momentos de compaña, cada noite, cando recibe a
visita –cada vez, máis positivamente agardada- de Besta.
Finalmente,
tendo que SOPORTAR, noite tras noite,
ser preguntada ao respecto dun posible casamento, coa conseguinte TENSIÓN que se desenvolve, tralas súas
negativas: Besta acaba a noite enfadado, ou amosándose devastado. E Bela,
culpable.
Soamente,
cando Besta se volve AUTENTICAMENTE
XENEROSO, e cambia de estratexia, deixándoa marchar, e non a indo buscar
-pese ao que conleva, para el, o seu retraso-, é cando Bela troca nun ser
realmente libre, que pode percibir até que punto necesita a Besta, na súa vida.
2.- O CAMIÑO
DO “COÑECEMENTO”.
2.1.- SIMBOLISMO DA
ROSA.
A
ROSA representa a VIDA:
* As ESPIÑAS representan os obstáculos, os
momentos difíciles, o SUFRIMENTO.
* Os PÉTALOS representan a FIN DO CAMIÑO: o auténtico “COÑECEMENTO”, é dicir, a beleza, a
bondade e a verdade acadadas.
2.2.- BELA E
BESTA, EN RELACIÓN
Á ROSA.
Por
que Bela desexa a rosa? Bela desexa a rosa, porque busca o auténtico
“coñecemento”.
Por
que Besta custodia o xardín da rosa? Besta custodia o xardín da rosa, porque é
o guardián do camiño do “coñecemento”. Só axudará a adquirir ese coñecemento á
“persoa elixida”.
2.3.- OS DOUS
OBXECTOS MÁXICOS.
No
conto de A Bela e a Besta, aparecen dous obxectos máxicos: o espello e o
anel. Cada un deles simboliza unha cousa, á vez que posibilita algo.
O
ESPELLO:
* SIMBOLIZA as ataduras ao mundano.
* POSIBILITA coñecerse a un mesmo.
O
ANEL:
* SIMBOLIZA compromiso, pero, en
liberdade (pódese poñer e quitar).
* POSIBILITA avanzar á nosa alma, se
decidimos deixar atrás as nosas ataduras.
2.4.- SIGNIFICADO SIMBÓLICO DA
ESCENA FINAL.
Nun
primeiro momento, partimos de:
*
SUFRIMENTO de BESTA: síntese abandonado.
*
SUFRIMENTO de BELA: remordimentos.
Estas
dúas intensas emocións levan á morte espiritual dos dous:
* MORTE ESPIRITUAL
de BESTA: morre de pena, pero non culpa a Bela (sen rencor).
* MORTE ESPIRITUAL
de BELA: síntese absolutamente desolada, ante a “morte” de Besta.
A
partir desta “morte”, Bela ALCANZA o “COÑECEMENTO”, e acepta casarse con Besta.
Este
paso dado por Bela supoñe a LIBERACIÓN e TRANSFORMACIÓN de besta en príncipe.
Finalmente,
ocorre a RESURRECCIÓN ESPIRITUAL dos dous, COMO UNIDADE.
No comments:
Post a Comment